Estamos a carón do peirao de Tragove, en Cambados, capital do Salnés, bisbarra famosa polos seus atractivos turísticos que abrangue concellos como Sanxenxo ou O Grove, aos que se chega doadamente por unha vía de alta capacidade tamén conectada coa Autoestrada do Atlántico (AP-9)
De Cambados podemos salientar o seu rico patrimonio monumental, o seu dinamismo económico e cultural e a Festa do Albariño, declarada de Interés Turístico Nacional.